06/10/2012

Terceira vitoria consecutiva e acceso ao liderado

O Burela Pescados Rubén enlaza a súa terceira vitoria consecutiva ao imporse ao Diamante Rioxa por 1-0. Con este resultado, o conxunto dirixido por Javier Pardeiro sitúase no grupo que encabeza a clasificación da Primeira División. Orvina,
Terceira vitoria consecutiva e acceso ao liderado
A escuadra burelense superou a un Diamante Rioxa que demostrou que o seu bo inicio ligueiro non é casualidade. As rioxanas mostráronse como un equipo sólido, competitivo e perigoso en ataque, aínda que o seu potencial ofensivo foi minimizado pola presión e o rigor defensivo local. Desde o asubío inicial a intensidade foi máxima en ambos os contendentes, sendo o equilibrio a tónica nun primeiro período con escasas ocasións. Ao descanso chegouse co empate inicial.

No segundo asalto, o Burela saíu con determinación para derrubar o ferrollo rioxano que saltou polo aire co gol de Peque. A xogadora burelense aproveitou un rexeite de Lala, tras disparo de Maite, para situar o 1-0 no marcador, minuto 26. A raíz do gol, o Burela dispuxo de varias oportunidades para aumentar a súa renda pero Lala logrou manter ao seu equipo no partido. Nunha emocionante recta final, o Diamante Rioxa optou polo xogo de cinco, minuto 37, que o Burela neutralizou con suficiencia e ata puido aumentar a súa renda nun par de ocasións de Maite. Non se moveu o marcador. O Burela Pescados Rubén sumou tres importantes puntos, superando a un bo rival e sobrepóndose á ausencia por lesión da súa goleadora Dany.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.