02/10/2012

Axenda esixente en Barcelona e Zaragoza, coa ausencia dos capitáns

Axenda esixente en Barcelona e Zaragoza, coa ausencia dos capitáns

A axenda laranxa incrementa as esixencias. O Burela FS Pescados Rubén disputará esta semana dobre xornada a domicilio, fronte ao FC Barcelona Alusport (mércores, Palau Blaugrana, 20.45 horas) e Umacón Zaragoza (venres 5, Siglo XXI, 21.00 horas), coa ausencia dos capitáns, lesionados. A Juanma, apartado das pistas por unha doenza costal dende hai un par de semanas, confirmóuselle unha hernia discal; o corpo médico decidirá nos próximos días o protocolo de tratamento. Tamén se está sometendo a diferentes probas Edu, co fin de concretar o alcance da lesión de xeonllo que sufriu no tramo final da cita ante o Triman, o sábado pasado. 


O cadro mariñán, que chegou esta mañá á cidade Condal coa incorporación dos xuvenís Antón, Fabio e Erik na expedición, adiantará a 5ª xornada a mañá fronte “a unha das potencias mundiais do fútbol sala” segundo o cualificou Julio Delgado, que ocupa a terceira praza, tras as vitorias sobre Triman Navarra (3-2) e Zaragoza (4-0)  e o empate co Santiago Futsal (1-1). O encontro poderá seguirse por Barça TV e Esport 3.


“Temos dúas citas moi difíciles esta semana. Somos realistas, pero tamén optimistas porque estamos medrando partido a partido e iso dános confianza para dar a cara ante calquera rival” expresou Julio. O técnico laranxa amósase satisfeito co rendemento dos mariñáns, na aclimatación á máxima categoría: “A sensación que nos quedou tras o sábado, ante os navarros, foi a do traballo ben feito; fixemos un partido moi completo, tanto en xogo coma en intensidade, aínda que o resultado non foi xusto. O marcador puido caer de calquera lado; nós apostamos polo porteiro-xogador porque o empate sabía a pouco e ao final escapóusenos” analizou o estratega.


Tras a dura proba en Barcelona, o Burela FS medirase na 4ª xornada a un rival que comezou a liga vencendo ao Marfil Santa Coloma (6-3), aínda que non lle deron tan ben nin o Triman (3-2), nin o Barça (4-0). “Ata o xoves, non pensaremos no Zaragoza, un encontro no que o maior hándicap será o desgaste, no terceiro partido en menos dunha semana”, puntualizou Julio Delgado, facendo referencia ao último asalto da semana.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.