Lucía: “Fomos polo partido desde o principio, cunha presión intensa”
“Desde o principio do partido fomos a facer presión ao Gironella, fomos a por o partido e non lles demos demasiadas opción”, aseguraba Lucía Nespereira ao termo do partido que enfrontou ao CD Burela FS Pescados Rubén Feminino e ao Gironella barcelonés. Lucía considera que todo é posible durante a tempada: “Somos optimistas, aínda que, temos que centrarnos en seguir traballando e adestrando moito porque a liga é moi longa e sempre hai equipos que están chamados a estar loitando polos primeiros postos e logo ao final non é así”.
A xogadora laranxa non dubida en confirmar que talvez “o At. Madrid Navalcarnero coas fichaxes é un equipo superior, aínda que intentaremos estar aí arriba”. En referencia ao debut en competición europea do Móstoles na 4 Nations Futsal Women’s Cup comentou “botábase en falta unha competición oficial deste tipo”, en clara alusión á necesidade de promoción do fútbol sala feminino a nivel continental.
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas