21/08/2012

Clebinho desvincúlase do club laranxa

Clebinho desvincúlase do club laranxa

O brasileiro Cleber Rafael Barbosa, Clebinho, non continuará no CD Burela FS Pescados Rubén en 2012-13. O peche chegou a un acordo co club laranxa para rescindir o contrato, en vixencia ata 2013, e formalizou a baixa esta mañá.


Clebinho (São Paulo, 1983) defendeu a elástica mariñá, con carácter, explosividade e ímpeto, nas dúas últimas tempadas. Recalou no Pescados Rubén no inverno de 2011, dende o Concordia Chiajna Bucarest. Barbosa xogou no Corinthians, São Jose, Aracariguama, Pirapora e Palmeiras, ademais de destacar no combinado internacional en categorías de base.


O CD Burela FS agradécelle ao xogador o traballo desenvolvido durante este tempo e deséxalle sorte na súa nova etapa profesional.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.