20/08/2012

Ven aprender e divertirte coa ED EON Burela FS!

Ven aprender e divertirte coa ED EON Burela FS!

A ED EON Burela FS xa abriu a matrícula para o novo curso. En 2012-13 a inscrición volverá ser gratuíta e a súa formalización realizarase nas oficinas do club (Arcadio Pardiñas, número 97, entresollado). O prazo estará aberto ata o venres 14 de setembro.

 

FORMULARIO DE MATRÍCULA

 

Un ano máis, as familias que matriculen a máis dunha nena ou neno terán un 20% de desconto, a partir da segunda matrícula. Pasaranse cotas trimestrais de 60 euros para os SOCIOS/AS ao corrente do seu abono e de 75 euros para os NON SOCIOS/AS; as datas de cargo serán 15 de novembro, 15 de xaneiro e 15 de abril. A tramitación deberá ir acompañada de dúas fotos tamaño carné e fotocopia do DNI do neno/a.

O alumnado da ED recibirá a entrega dun pack deportivo con material de primeira calidade composto por chándal, sudadeira, bermuda, polo, bolsa, dúas camisetas de adestramento, pantalón de adestramento e chaquetón. A tenda Living Sport, distribuidora oficial do club, encargarase de xestionar o material, que ten un custo real de 175 euros, dos que só terán que pagar os pais e nais 100 euros, xa que o club se fará cargo dos 75 euros restantes por alumno/a.

A escola laranxa estará integrada por catro categorías, entre prebenxamín e infantil. Tanto cadetes como xuvenís seguirán pertencendo ás categorías do club.

Todas as persoas interesadas poden obter información nas oficinas do club, a través do número de teléfono 982 581 815 ou burelafs@burelafs.org.

A dirección da ED EON Burela FS terá unha reunión con pais e nais do alumnado o luns 17 de setembro para explicar detalladamente a programación do curso.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.