14/08/2012

O Carballiño, estrea do Burela FS B en Terceira

O Carballiño, estrea do Burela FS B en Terceira

O Burela FS B Pescados Rubén estrearase na Terceira División o 15 de setembro, na casa, fronte ao Carballiño FS. Así o deu a coñecer hoxe a Federación Galega de Fútbol coa publicación do calendario en www.futgal.es.

A categoría contará con outros tres conxuntos mariñáns, CD Rececende FS A Pontenova, Cidade de Viveiro e SD Xove FS, ademais de UV Ventorrillo FS, Pazos de Borbén, CD Cafyd, Leis Pontevedra FS, C. de Vigo IES Coruxo, ADFS Bueu, Vilalba FS, O Esteo FS, Eypar FS, Ribeira de Piquín FS e 5 Coruña FS.

O conxunto burelao, inmerso estes días en probas para a configuración definitiva do cadro, protagonizará o primeiro derbi comarcal co Cidade de Viveiro, en Vista Alegre, o 20 de outubro. O 1 de decembro tocaralle ao Superti, tamén na bomboneira. Para despedir o ano, o 29 de decembro, xogará na pista do Xove FS, co que rematará a liga o 27 de abril.

 

Calendario Terceira División

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.