24/07/2012

Claudia e Rosana abandonan o Burela FS

Claudia e Rosana abandonan o Burela FS

A ala-peche Claudia Rodríguez e a pivote Rosana Carballés cambiarán a camisola laranxa pola pucelana a vindeira tempada. As mariñás, que compartían capitanía nas filas burelistas e remataban contrato en xuño, abandonan o que foi o seu equipo durante os últimos catro anos tras non chegar a un acordo coa entidade para a súa continuidade en 2012-13.


Claudia (1984) e Ro (1986) incorporáronse ao proxecto na tempada 2008-09 co nacemento do equipo na División de Prata, procedentes do Foz FSF. Camiñaron da man do Burela FS Pescados Rubén co ascenso a Honra nese primeiro ano, alzáronse coa Copa Galicia en 2009 e 2010 e traballaron por consolidar o novel equipo mariñán entre os mellores da Primeira División. En 2011-12, Ro alzouse co título de pichichi laranxa, con 19 dianas; Claudia tamén atopou pegada goleadora, con 10 tantos.


O CD Burela FS agradece todos os anos de compromiso e os boísimos momentos vividos con ambas as xogadoras, que sempre terán as portas abertas para o seu regreso. Loa a súa iniciativa de seguir recollendo novos éxitos, lonxe da terra, e deséxalles moita sorte na nova etapa.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.