12/07/2012

Burela FS-Manacor, estrea na Primeira División o 15 de setembro

Burela FS-Manacor, estrea na Primeira División o 15 de setembro

O Burela FS Pescados Rubén estrearase na Primeira División o 15 de setembro por todo o alto, en Vista Alegre, coa visita do Fisiomedia Manacor, un vello coñecido dos anos de Prata.


A primeira xornada tamén acollerá os encontros Inter Movistar-Puertollano, FC Barcelona Alusport-Triman Navarra, ElPozo Murcia-Caja Segovia, Colegios Arenas Gáldar GC-Azkar Lugo, Ríos Renovables Ribera Navarra-Santiago Futsal e Umacon Zaragoza-Marfil Santa Coloma.


Neste debut, cambiará de cores o ala-peche Víctor López. O Fisiomedia anunciou a semana pasada a fichaxe do xogador madrileño, que rematou contrato co Burela FS en xuño; será presentado oficialmente polo seu novo club a finais de mes.


Ata o 4 de maio, os amantes do deporte poderán deleitarse co Burela FS e co mellor fútbol sala no debut laranxa. O primeiro derbi galego será o 22 de decembro, coa visita do antigo Autos Lobelle, agora Santiago Futsal, á bomboneira. A escuadra mariñá iniciará 2013 o 5 de xaneiro con duelo lugués, na cidade amurallada, ante o Azkar.


En Primeira División o décimo cuarto clasificado disputará unha fase de promoción xunto ao 2º, 3º e 4º clasificado de Segunda. Os dous gañadores desta fase, xunto ao primeiro clasificado de Segunda, lograrán o ascenso. Deste xeito, na tempada 2013-14 a Primeira División volverá ter 16 equipos.


 


[+ inf. en LNFS]

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.