11/06/2012

Ao Ribadeo FS escápalle a Copa Provincial

Ao Ribadeo FS escápalle a Copa Provincial

Os equipos ribadenses finalizaron a tempada a un paso de conseguir a Copa Provincial, na Casa do Deporte de Lugo.
O Xoula non tivo o día na súa terceira final de copa consecutiva e acabou perdendo co Quiroga por 4-0, un castigo excesivo para o presenciado na pista. As mariñás tiveron que enfrontarse en semifinais ao potente FSF Lucense, cuxo resultado de 1-1 levou a ambos á quenda de penaltis; os lanzamentos decantaron o resultado a favor das de Ribadeo por 4-3 (5-4 resultado final). O tanto do Xoula na primeira metade foi obra de Nuria.


Na final, as de Martínez tiñan como rival o Quiroga, vencedor da outra semifinal por 4-2 ante o Viveiro FSF. As ribadenses regalaron o primeiro tanto ás de Quiroga marcando en propia porta tras unha confusión defensiva. Este gol foi un xerro de auga fría e, aínda que dispuxo de varias ocasións claras e balóns aos paus, o equipo foi saíndo do partido aos poucos a medida que encaixaban os goles. Polo Xoula xogaron en ambos os partidos Antía, Ana, Eva, Yoli, Elena, Elvira, Sabela, Iria, Nuria, Tania Penabad e Carla Bolaños.


O equipo masculino caeu por 3-2 ante o tamén campión de liga, Hotel Roma de Sarria. O marcador inaugurárono os rivais e pouco máis tarde conseguiron o 2-0 co que se chegou ao descanso. Na continuación, os ribadenses subiron as súas liñas, pero foron tamén os de Sarria os que primeiro anotaron pondo así o 3-0 no luminoso. Juan Fernández dispuxo aos seus xogadores o ataque de cinco e a punto estiveron de dar a volta ao marcador, co 3-2 de Jacobo e Sergio, e numerosas ocasións nos minutos finais. Polo Ribadeo xogaron Juan Luis, Pablo, Borja, Jacobo e Sergio, cinco inicial, ademais de Marcos, Adrián e Óscar. 

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.