31/05/2012

O Ribadeo FS pon en marcha os seus torneos de verán

O Ribadeo FS pon en marcha os seus torneos de verán

O V Torneo Nacional de FS Feminino Vila de Ribadeo será os días 30 de xuño e 1 de xullo e xogarase, como na pasada edición, nos pavillóns de Ribadeo e A Veiga.


Terán cabida as categorías de Alevín, Infantil, Cadete e Sénior, con trofeo exclusivo de Cerámica J. Cancio para campións e subcampións, aínda que tamén haberá trofeo para todos os demais equipos participantes.


A organización, a través da Concellaría de Deportes de Ribadeo, dispón da posibilidade de aloxar os equipos nos colexios da vila, o que permite o desprazamento desde os máis remotos lugares da península para, ademais de practicar deporte, gozar durante unha fin de semana dos encantos da Mariña lucense e do occidente asturiano.


Este ano haberá tamén torneo masculino. Será a 1ª edición do Vila de Ribadeo masculino e disputarase os días 23 e 24 de xuño no polideportivo ribadense, con árbitros federados do colexio galego e trofeos exclusivos de Cerámica J. Cancio. O primeiro clasificado levará 800 € e trofeo; o 2º, 400 € e trofeo; e o 3º e 4º, 200 € e trofeo. Haberá tamén trofeos para os equipos clasificados do 5º ao 8º posto, e o mellor equipo local levará, ademais do trofeo, 150 €. O xogador máis destacado será obsequiado con trofeo.


A inscrición por importe de 110 € (antes do día 15) realizarase na conta nº 2080.5511.65.3040101185 de Novagalicia Banco, e os teléfonos de contacto para máis información son: 666367058 e 696850220.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.