28/05/2012

Viveiro 0-2 Xoula Ribadeo

Viveiro 0-2 Xoula Ribadeo

Outros tres puntos suma o Xoula na súa implacable cuadrícula, esta vez de novo ante o Viveiro FSF ao que venceu por 2-0.


Aínda que as ribadenses xa conseguiran na pasada xornada clasificarse como primeiras de grupo, non foi motivo de relaxación para resolver un importante compromiso de rivalidade comarcal ante un loitador Viveiro que non se entregou en ningún momento.


As ribadenses saíron polo partido desde o primeiro momento e a pesar de que dispuxeron de numerosas ocasións para adiantarse no marcador, ao descanso chegouse co 0-0. A segunda metade foi un calco da primeira, con claro dominio local; Eva e Sabela resolveron o partido favorablemente con dous remates no segundo pau.


Copa Provincial Masculina. O Ribadeo FS pon un pé na final da Copa ao vencer a domicilio ao Baralla FS (5-6). Os mariñáns, que se adiantaron no marcador, marcharon  ao descanso coa mínima vantaxe (1-2). A segunda metade foi un vaivén, con numerosas ocasións e goles en ambas as porterías, e aínda que a diferenza no marcador sempre foi a mínima, os locais conseguiron poñerse por diante por única vez co 5-4. A partir deste momento, o Ribadeo conseguiu sentar a cabeza e dar a volta ao partido con dous novos tantos. No último minuto Sergio desaproveitou a ocasión de aumentar esta vantaxe ao fallar un dobre penalti. O vindeiro sábado en Ribadeo, os locais defenderán esta vantaxe no partido de volta que lles dará o pasaporte para xogar a final do día 9, en Lugo.


Ficha técnica


Xoula-Ribadeo FS: Ana, Eva (1), Elena, Elvira e Antía, cinco inicial; tamén xogaron Nuria, Yoli, Sabela (1), Tania Penabad e Iria.
Viveiro FSF: Xiana, Nerea, Rocío, Paula e Diandra, cinco incial; tamén xogaron Raquel, Andrea e Patricia.


Árbitros: Javier Menéndez Nistal e Vanesa Fernández Fernández, da delegación de Lugo.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.