21/05/2012

O Burela FS e o Concello de Cervo renovan a súa colaboración

O Burela FS e o Concello de Cervo renovan a súa colaboración

O Club Deportivo Burela Fútbol Sala Pescados Rubén vén de renovar a súa colaboración co Concello de Cervo,  co fin de manter o traballo realizado nos últimos anos na potenciación da práctica de deporte entre os mozos e mozas do municipio. O presidente da entidade laranxa, José Ramón González Casas, formalizou o convenio co edil de Deportes, José Ramón Soto, nun acto no que tamén estivo presente o alcalde de Cervo, Alfonso Villares.


“Dende o Concello estamos moi satisfeitos de poder contar coa colaboración do Club Deportivo Burela Fútbol Sala, co que vimos mantendo unhas excelentes relacións” explicou José Ramón Soto, que cualificou os beneficios deste labor conxunto: “Un dos puntos fortes desta colaboración é a creación dun contorno de traballo moi positivo para os nenos e nenas, que coñecerán de preto aos deportistas, escoitarán as súas experiencias e ademais participarán nas actividades, sentíndose eles mesmos os protagonistas”.


José Ramón González Casas agradeceu “o compromiso do Concello cervense no proxecto burelista e na promoción da práctica deportiva en igualdade e na consolidación do fútbol sala na comarca da Mariña”.


Neste marco de actuación, o alumnado e profesorado da escola de Cervo poderán gozar de xornadas de convivencia e amigables cos membros do CD Burela FS, ademais de recibir pases especiais para presenciar os encontros laranxas e acceder a descontos nas actividades programadas dende o club, como o Campus Mixto Internacional. Pola súa banda, o Concello cederá as instalacións municipais para a práctica deportiva previa solicitude do club.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.