14/05/2012

Donapel Monterroso 0-6 Xoula Ribadeo

Donapel Monterroso 0-6 Xoula Ribadeo

O Xoula-Ribadeo rubrica a súa superioridade no Grupo A da liga de clasificación para a fase final da Copa Provincial Feminina ao derrotar a domicilio ao Donapel Monterroso por un contundente 0-6.


Elvira, inaugurou o marcador e Ana e Yoli encargáronse de subir o 0-3 ao luminoso antes de marchar ao descanso. As de Martínez regresaron coa mesma tónica, sedentas de gol, e así Sabela en acción individual conseguiu un bonito tanto e Elvira asinou o seu ‘hat-trick’ con dous novos goles. Polo Xoula xogaron Antía, Ana (1), Eva, Elena e Elvira (3), cinco inicial, e tamén Tania Penabad, Sabela (1), Yoli (1), Carla Bolaños e Iria.


O Xoula é o líder con 9 puntos, seguido do Viveiro FSF, con 4. As mariñás visitarán Rábade na próxima xornada.


Copa Provincial Masculina. O Ribadeo FS acariña a fase final da Copa ao vencer o pasado sábado ao líder, Abadín, por 6-3 e facerse co primeiro posto da clasificación. Ao descanso chegar con táboas no marcador (2-2), pero na segunda metade os locais foron moi superiores ao seu rival. Pablo (2), Óscar, Marcos e Sergio (2) foron os goleadores mariñáns. Tamén xogaron Juan Luis, Diego, Jacobo, Toñín, Borja e Adrián. A próxima xornada o Ribadeo deberá visitar o Amigos de Rábade, terceiro clasificado que tamén se xoga o paso ás semifinais. Os de Juan Fernández poden permitirse o luxo de perder por unha diferenza non superior a 2 goles para manter o primeiro posto. 

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.