08/05/2012

Voces laranxas para Letras Galegas

Voces laranxas para Letras Galegas

O CD Burela FS Pescados Rubén participou hoxe no maratón de lectura de Burela, coas voces de Lucía, Cely, Brais e Iago Barro, nunha iniciativa do Colectivo Cultural Buril. Os xogadores e xogadoras laranxas homenaxearon o mes das Letras Galegas nesta cita coa lectura de fragmentos de A galiña azul, de Carlos Casares, e as coñecidas traducións de O Principiño, do francés Antoine de Saint-Exupéry, e As bruxas, do galés Roald Dahl, aderezada ademais  cos versos de Vento de amor ao mar, de Adela Figueroa Panisse.


Xunto á representación laranxa, centos de burelaos e burelás pasaron polo maratón ao longo do día. Tras as intervencións do alumnado e profesorado dos IES Monte Castelo e O Perdouro e o CEIP Vista Alegre pola mañá, a sesión vespertina tamén acolleu a membros da Fundación Eu Son, Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña, Asociación Camiña, Sociedade Cultural e Recreativa Ledicia, Coral Polifónica de Burela, Ama Jazz, Banda de Música Municipal, Observatorio da Mariña pola Igualdade, Clube de Lectura-Asociación Vagalume, Galiza Nova, Club de Baloncesto de Burela e do colectivo organizador, así como numerosos veciños/as que se achegaron ata o salón de plenos do consistorio para darlles voz ás Letras Galegas.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.