08/05/2012

Entrada gratuíta para os/as acompañantes dos soci@s burelistas, o sábado 12

Entrada gratuíta para os/as acompañantes dos soci@s burelistas, o sábado 12

O Burela FS Pescados Rubén prepárase para a gran proba de lume da liga na máis que emocionante última xornada, coma sempre, arroupado pola súa fiel afección laranxa, que disporá de invitacións para acompañantes.


O vindeiro sábado, 12 de maio, o cadro laranxa xogarase o pase á que pode converterse na sétima oportunidade da súa historia, unha nova oportunidade de ouro, para coarse na elite do fútbol sala, co Fuconsa Jaén como inimigo defendendo a terceira praza do play off. O encontro dará comezo ás 18.00 horas, en horario unificado para a trixésima cita de Segunda División, en Vista Alegre.


Para iso, cada socio/a burelista poderá acceder ao encontro cun acompañante de forma totalmente gratuíta; o único requisito será que esa persoa acuda ataviada con indumentaria laranxa.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.