22/04/2012

Vitoria brillante no derbi galego (3-5) xogado en Ourense

Vitoria brillante no derbi galego (3-5) xogado en Ourense

O Burela FS Pescados Rubén impúxose no derbi entre galegas ao Cidade das Burgas, alcanzando os sete partidos consecutivos vencendo. O duelo resultou moi competido e xa aos tres minutos anotaba o Burela FS o primeiro tanto, obra de Peque, tras un roubo de balón de Dolo. Aos nove minutos, Claudia á saída dun córner conseguiu facer o segundo tanto das lucenses que pouco despois ampliaban a súa renda cun gol de Dolo, tras un novo roubo de balón, esta vez a mans de Raquel.


O Cidade conseguía meterse de cheo na pugna polo envite con dous tantos antes do descanso, o primeiro de Iria, en xogada persoal pola a esquerda, e o segundo de María Arias, tras aproveitar un pase en longo de Iria, para superar por alto a Irene.


Ao pouco da continuación, o Burela golpeaba a resistencia local cun tanto de Milena tras pase de Ro ao segundo pau. Co resultado ao seu favor, o Burela proseguía facendo boas as súas rotacións e o seu alto ritmo de xogo, ante un Cidade que ao encaixar o quinto tanto, obra de Lidia cruzando ante Nati, parecía baixar un tanto os brazos.


Malia que Iria marcou un novo tanto para o Ourense, as xogadoras laranxas impuxeron a súa calidade e xa non cederon máis tantos.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.