24/03/2012

Cely define a vitoria do Burela Pescados Rubén ante o Queralt Gironella

Cely define a vitoria do Burela Pescados Rubén ante o Queralt Gironella

Un gol de Cely resolveu o duelo ante o Queralt Gironella e propicia que o Burela FS Pescados Rubén ascenda á quinta praza da Primeira División, á custa do conxunto catalán.


O duelo transcorreu polo guión previsto, moita intensidade por ambas as partes e iniciativa no xogo para a escuadra de Javier Pardeiro. Pola súa banda o Gironella esperaba en media pista para desenfundar a súa mellor e eficaz arma, o contragolpe. As burelenses lograron minimizar este risco controlando o xogo e sen cometer erros na circulación. As poucas ocasións eran de cor laranxa e o premio chegou no minuto 10 cun disparo de Cely que bateu a Noe. Con este marcador chegouse ao descanso e na continuación púidose ver un partido máis aberto.


Aos poucos, o partido entrou nunha dinámica interesante para o Gironella que buscaba transicións rápidas e un xogo menos ordenado. Pero o Burela logrou recuperar o control e manexar a súa escasa renda, ao non aproveitar algunhas ocasións claras para sentenciar, a pesar do intento do Gironella co xogo de cinco. Os seus ataques non xeraron perigo ante a boa defensa do Burela que celebrou o seu cuarto triunfo consecutivo, situándoo a tres puntos da segunda praza.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.