17/03/2012

Contundente triunfo do Burela FS ante o Natudelia (1-7)

Contundente triunfo do Burela FS ante o Natudelia (1-7)

O conxunto de Javier Pardeiro segue imparable. Os tres puntos de onte en terras mañas, cun contundente triunfo (1-7) ante o Natudelia.com, asentan o Burela FS Pescados Rubén en postos de Copa e reducen as distancias cos de arriba.


As laranxas saltaron á pista para facerse donas do encontro fronte a un Zaragoza que se dedicou a repregarse, con contadísimas tentativas de contragolpe. Milena estreou a súa cuadrícula persoal e o luminoso xa no minuto 7, que ampliou Lidia no 16. No último minuto para o descanso, reapareceu a brasileira para materializar o 0-3.


Cunha cómoda vantaxe, no segundo tempo o Burela FS non se fixo esperar. Haydee propiciou o 0-4, nun lanzamento que acabou entrando tras rexeitamento local. Noutra tarde goleadora mariñá, a pichichi, Ro, tamén fixo acto de presenza, no 24. A única oportunidade das aragonesas puido verse no minuto 28, nun roubo en media pista que protagonizou María García (1-5). Este tanto tan só serviu para adornar unha derrota na que aínda tiveron voz e voto Maite, no 30, e de novo Lidia, no 34, para rematar co definitivo 1-7.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.