01/03/2012

Galicia perde pola mínima ante Madrid (3-2) e despídese do Campionato de España

Galicia perde pola mínima ante Madrid (3-2) e despídese do Campionato de España

A fortuna volveu virarlle as costas a Galicia na segunda xornada do Campionato de España de Seleccións Territoriais Sub-23, que se desenvolve esta semana en Vitoria. A Galega perdeu hoxe pola mínima ante Madrid (3-2) e despídese da cita sen puntos, tras a derrota tamén de onte fronte a Valencia (0-4).


Ficha técnica


Madrid: Elena, Inma, Anita Luján, Belén Awad e Lara, no cinco inicial; tamén xogaron Rocío, Desi, Sandra, Patri e Aida.


Galicia: Iria, Lidia, Lucía, Ana e Iria Saeta, no cinco inicial; tamén xogaron Jéssica, Vanessa, Erika e Patricia.


Goles: 1-0 Inma (min.8), 1-1 Vanessa (min.11), 2-1 Lara (min.30), 3-1 Patri (min.34), 3-2 Jéssica (min.37)


Árbitros: Valeriano Andrés e Javier Fernández, do comité vasco


 


Táboa de resultados do campionato


Grupo A


Castela e León 1-5 Andalucía
A Rioxa 3-2 Castela e León


Grupo B


Galicia 0-4 Valencia
Madrid 3-2 Galicia


Grupo C


Cantabria 0-9 Cataluña
Aragón 3-1 Cantabria


Grupo D


Castela A Mancha 1-6 Murcia


País Vasco 0-3 Castela A Mancha


 

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.