27/02/2012

Bebeto permanece estable e fóra de perigo

Bebeto permanece estable e fóra de perigo

O ala-pivote do CD Burela FS Pescados Rubén Bebeto, ingresado na Unidade de Coidados Intensivos do Hospital da Costa dende o sábado, en Burela, permanece estable e fóra de perigo. O brasileiro foi trasladado ao centro con tres costelas fracturadas e ferida pulmonar, por un choque cun rival durante o encontro ante o Hospitalet Bellsport en Vista Alegre; nunha tentativa por evitar un disparo á portería, o xogador laranxa recibiu un golpe no tórax dun xogador catalán, involuntariamente.


Consonte o parte médico proporcionado polo hospital a primeira hora da tarde, o burelista, que experimentou unha notable evolución dende o seu ingreso, aínda deberá permanecer na UCI cando menos ata mañá para controlar posibles hemorraxias.


O CD Burela FS quere trasladar o seu agradecemento ao secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa; o xefe de Deportes da Xunta de Galicia en Lugo, José Ramón Rozas Bello; o vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo, Anontonio Veiga; o alcalde de Burela, José María González Barcia; e a concelleira de Deportes, Beatriz Piñeiro López, que se puxeron en contacto coa entidade laranxa para interesarse pola saúde do xogador, así como a afeccionados e profesionais do deporte.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.