22/02/2012

O centro Alba Vila coida da nutrición de Milena

O centro Alba Vila coida da nutrición de Milena

A xogadora do Burela FS Pesados Rubén Milena Gasparini visitou o centro de dietética burelao Alba Vila hai uns días como coidado da súa nutrición. A brasileira tamén se someteu a semana pasada á avaliación médica na clínica Virxe da Mariña, para control e exame da súa preparación física.


Como parte da planificación de preparación e rendemento deportivo, a saúde dos xogadores e xogadoras CD Burela FS está baixo a supervisión da mariñá Alba Vila, que dende comezos de tempada adoutrina e aconsella os equipos sénior sobre hábitos saudables. Co conxunto feminino da Primeira División, a especialista en dietética e nutrición realiza un seguimento mensual con avaliación das dietas personalizadas.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.