04/02/2012

O Burela FS golea en Móstoles (2-11) e desbanca o líder

O Burela FS golea en Móstoles (2-11) e desbanca o líder

As laranxas romperon coa imbatibilidade do Móstoles na casa. A perfección que buscaba Javier Pardeiro en vésperas da xornada atopouna o gran Burela FS Pescados Rubén en  terras madrileñas e cunha goleada (2-11), que asenta as mariñás en zona de Copa (29 puntos) e desbanca as mostoleñas da primeira praza.


Nunha cita de dominio galego absoluto, foi Dolo a encargada de abrir a suculenta lata, no minuto 6. Con escasísima marxe de manobra, as locais conseguiron igualar no 16, con propia de Haydee, que axiña devolveu a vantaxe (17) de novo para laranxas.


Cun marcador máis igualado do que merecía o xogo exposto na pista, o Burela FS comezou o segundo período sen deixar alternativa ao rival. Peque comezou o asedio aos dous minutos do reinicio, seguido dun triplete en avalancha de Ro, en tan só catro minutos. Con 1-6 e máis de medio tempo por diante, o Móstoles optou polo xogo de cinco  sen resultados; Haydee (29) e Lidia (33) ampliaron as distancias a porta baleira. O tanto de Ju Delgado, no 34, parecía mitigar o furacán laranxa nun espellismo que borraron da pista, primeiro, a aparición finalizadora de Claudia (35) e, máis tarde, o regreso de Dolo (37) e, como non?, da acertadísima Ro (38).


No último minuto, a novísima Paula aínda tivo nas súas zapatillas o 2-12, a porta baleira,  co infortunado tropezo, e posterior desvío, no tacón de Ro.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.