31/01/2012

Adestramentos de Galicia Sub-23

Adestramentos de Galicia Sub-23

A ala laranxa Lidia Mesías volverá adestrar coa Selección Galega Sub-23 no preparatorio do Campionato de España, previsto entre o 29 de febreiro e o 4 de marzo en Vitoria.


A nova sesión do combinado será mañá, mércores, no pavillón compostelán de Monte dos Postes, a partir das 19.45 horas. Participarán ademais Ana, Lucía e Iria, do Cidade das Burgas; Jessica, Ana e Vanessa, do Ponte Ourense SAD; Sheila e Erika, do Valdetires Ferrol FS; Lucía e Patricia, do Viaxes Amarelle; Tamara, do Leis Pontevedra FS; Beatriz, da Fervenza FS; e Lucía, do Combarro FS.


 


Grupo A: Andalucía, Castela e León e A Rioxa
Grupo B: Galicia, Madrid e Valencia
Grupo C: Aragón, Cantabria e Cataluña
Grupo D: Castela A Mancha, Murcia e País Vasco

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.