27/01/2012

UA Alicante, broche de gala para a primeira volta

UA Alicante, broche de gala para a primeira volta

O Burela FS Pescados Rubén pechará mañá a primeira volta con broche de gala nunha das saídas máis difíciles da tempada, na pista do UA Alicante FS, e ademais en duelo directo, entre a oitava praza levantina (22) e a sétima cantábrica (25). O pavillón Universidad de Alicante acollerá a décimo quinta xornada da Primeira División a partir das 19.00 horas.


As pupilas de Javier Pardeiro buscarán unha nova vitoria e encarrilar así a sexta consecutiva como peche perfecto para a primeira parte da tempada. Terán enfronte a un rival moi perigoso e experimentado. “Atoparemos unha pista lenta, cun equipo que presiona moi forte” asegurou Pardeiro, que destacou a calidade das individualidades do rival: “Na tempada pasada, en Prata, xa dispoñía dun cadro digno de Primeira, que este ano reforzou con internacionais de renome como Sonia, Sofía Vieira ou Susana”, dixo o burelista.


O último triunfo do UA Alicante, que chegará moi motivado, foi na duodécima xornada, na casa do Soto del Real (2-6); ante o Ponte Ourense, hai dúas semanas, caeu por 2-7; e no último encontro, ante o líder, recolleu un loable empate (4-4).


O estratega laranxa poderá contar con todo o vestiario, a excepción da baixa xa coñecida de Lucía, que foi intervida con éxito o mércores da rotura de ligamento cruzado anterior, e Cely, á espera de rematar cos trámites burocráticos. Nas filas alacantinas, podería debutar mañá outra internacional, Lorena Rubio, Txitxo, que o ano pasado militou no Femesala Elche.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.