26/01/2012

O Burela FS anuncia a saída de Dani Martín

O Burela FS anuncia a saída de Dani Martín

O Burela FS Pescados Rubén e o ala-pivote salmantino Dani Martín chegaron a un acordo esta mesma mañá para pechar a rescisión do contrato que mantiñan ambas as partes. A entidade laranxa comunicoulle ao xogador a decisión de prescindir dos seus servizos como “a mellor opción para as dúas partes, posto que Dani Martín viña disputando poucos minutos nos últimos encontros e este paso daralle a posibilidade de consolidarse noutro equipo”. 


“Agradezo á afección, os compañeiros e representantes da directiva o apoio amosado” dixo Dani Martín na súa despedida do Burela FS; o xogador tamén adiantou que “será presentado no seu novo destino entre hoxe e mañá”.


O salmantino, de 23 anos, regresou á entidade mariñá a comezos de 2011-12 despois dunha tempada no Carnicer Torrejón, da Primeira División. En 2009-10 xa defendeu a elástica laranxa, como máximo goleador do equipo.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.