20/01/2012

Rubí FS, obxectivo para seguir medrando

Rubí FS, obxectivo para seguir medrando

O Burela FS Pescados Rubén medirase mañá, na décimo cuarta xornada da Primeira División, ao Rubí FS, co obxectivo de seguir medrando e prolongar a boa etapa de resultados. Vista Alegre dará o sinal de saída ás 18.30 horas.


“Esperamos outro triunfo” afirma a laranxa Peque, que recoñece que “a accesibilidade dos últimos rivais nos está dando confianza, aínda que tamén estamos sufrindo un pouco pola baixa de Lucía”. 


Dende a sétima praza (22 puntos), as mariñás perseguen a consolidación na zona alta da táboa, coa sexta praza a tan só 1 puntiño custodiada polo Femesala Elche (23), que esta fin de semana se mide ao Lacturale Orvina (noveno, 16). Enfronte terán a un rival que é duodécimo, con 13 puntos: Navalcarnero 2-3, Cidade das Burgas 3-3, Diamante 1-0, Valladolid 2-7 e Majadahonda 8-7. As catalás chegarán á bomboneira arrastrando cinco xornadas sen puntuar, dende o 5 de novembro.


“É un equipo bastante desordenado en defensa, pero deberemos previr o seu ataque, baseado en gran parte nas contras” analizou Peque. “Temos que ter moito a pelota para evitar os contragolpes e así poder continuar a boa etapa de resultados que estamos vivindo para seguir escalando na táboa” sentenciou a burelista.


No vestiario local, Lucía pasará finalmente polo quirófano o vindeiro mércores; a xogadora será intervida da rotura de ligamento cruzado anterior pola traumatóloga Luísa Ibáñez no Policlínico Lucense SA.


Sorteo Time Force. A entidade laranxa sorteará un Time Force, reloxo oficial da LNFS, durante o descanso do encontro. As rifas poderanse adquirir no pavillón Vista Alegre hoxe, coincidindo co Burela FS-Hotels Plaza Andorra e mañá, ademais das oficinas do club (Arcadio Pardiñas, número 97, entresollado) ao prezo de 2 euros.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.