29/12/2011

O Calendario Laranxa dálle a benvida a 2012

O Calendario Laranxa dálle a benvida a 2012

O CD Burela FS-Pescados Rubén felicita a chegada do ano novo co esperado Calendario Laranxa, na súa sexta edición consecutiva. O almanaque entra nos fogares mariñáns coa participación dos equipos sénior, masculino e feminino, e as categorías de base exercendo de protagonistas, xunto a empresas e organismos colaboradores.


No ‘Calendario Laranxa 2012’, con deseño e fotografía de Akersia SL, os representantes burelistas fan un percorrido pola xoiería Kessarys, Autos Morán, Concello de Burela, Alain Afflelou Óptico, confeitería Anduriña, Limpezas Lema, Grupo Chave de Ouro, Pescados Rubén, librería Cadernos, Living Sport, Palacio de Cristal e Sex Place, en situacións divertidas e enxeñosas. O almanaque inclúe ademais a axenda ligueira dos equipos burelistas de Primeira División Feminina e Segunda División Masculina e un póster central coa foto de familia do CD Burela FS 2011-12.


A partir de mañá, venres, o almanaque estará dispoñible nas oficinas do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 97) e nas librerías burelás Cadernos, Auma, Atril, Quiosco Alicia e Espacio Lector Nobel, ademais da empresa colaboradora  Alain Afflelou (prezo simbólico: 2 euros).


O CD Burela FS agradece toda a axuda prestada polos anteditos negocios na realización e distribución do seu calendario.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.