28/12/2011

O Burela FS e Víctor Cachón chegan a un acordo para rescindir o seu contrato

O Burela FS e Víctor Cachón chegan a un acordo para rescindir o seu contrato

O Burela FS Pescados Rubén e Víctor Cachón chegaron a un acordo para rescindir o contrato que mantiñan ambas partes. O xogador gaditano despídese do club burelense “agradecendo o trato recibido durante a miña etapa como xogador laranxa por parte de todos os estamentos do club e, por suposto, da afección. Sentinme moi ben durante este ano e medio defendendo a elástica laranxa. Espero que o CD Burela FS Pescados Rubén logre o seu obxectivo de ascender a Primeira División porque é unha entidade que o merece e a súa afección debe gozar da máxima categoría”.


O á zurdo andaluz abandona o club “con tristeza aínda que pola miña banda deixo as portas abertas a un futuro reencontro. Desexo un feliz ano 2012 a toda a familia laranxa”. O director xeral da entidade laranxa, José Luis Sáez, manifestou respecto que “desexa os maiores éxitos a Víctor Cachón na súa nova etapa xa que é un xogador con personalidade e calidade para triunfar na Liga Nacional de Fútbol Sala”.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.