A Mariña estrea o Autonómico de base ante o Lambre
A Mariña estreará o Campionato Autonómico de Seleccións Locais de Base o venres, 30 de decembro, ante Lambre, na fase de grupos. O pavillón coruñés de Curtis acollerá tres enfrontamentos, nas categorías de benxamín, alevín e infantil.
Os máis pequenos inaugurarán a xornada, ás 17.00 horas e despois tocaralles aos alevíns (18.00) e infantís (19.00). O combinado cadete non disputará este cruzamento, posto que a comarca de Lambre non presenta selección na categoría.
A selección de Lugo será o próximo rival dos mariñáns na primeira fase, o domingo 8 de xaneiro, no pavillón municipal de Xove.
Listaxe de convocados laranxas
Benxamín: Pol Bassa, Noel Díaz, David Méndez e João Víctor.
Alevín: Néstor Valle, Álex Esquerdeiro, Luca Eijo, Álvaro Suárez, Luismi Nieto e Alberto Quelle.
Infantil: Daniel López, Álex García, Pablo Casas, Mamadou Diouf, Aarón Fernández e Aleixo González.
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas