14/12/2011

Últimas participacións para o Nadal: 50.300

Últimas participacións para o Nadal: 50.300
O 22 de decembro ti podes ser un dos afortunados/as coa lotería de Nadal. As últimas participacións do número da sorte laranxa, o 50.300, estarán dispoñibles ata finais de semana na sede do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entresollado) e na Cafetería Vista Alegre, A Parrillada de Jandro, Hotel Nordés, Palacio de Cristal, O Poeta, Cervexería O Trisquel e Banco Gallego, en Burela, ademais de Rincón de Anita, en Foz. O número do Burela FS Pescados Rubén tamén estará á venda o sábado no pavillón Vista Alegre, coincidindo co partido da Segunda División Masculina Burela FS-UPV Maristas Valencia.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.