13/12/2011

A Pataca Naranxa xa supera os 300 soci@s

A Pataca Naranxa xa supera os 300 soci@s

A peña A Pataca Naranxa, unha das frontes máis vivas da incombustible afección burelista, acaba de cumprir o seu obxectivo de comezos da tempada, chegar á cifra de 300 socios/as. “XA SOMOS 309 SOCI@S”, anuncia o colectivo mariñán no facebook, “GRACIÑAS A TOD@S OS SOCI@S POR FACER ISTO POSIBLE. OBXECTIVO CUMPRIDO!!!”.


Dende o seu nacemento, en 2004, A Pataca Naranxa converteuse nun dos firmes apoios do CD Burela FS Pescados Rubén. Ademais de ser un dos principais alentos tanto en Vista Alegre coma a centos e miles de quilómetros da costa de Lugo (Valladolid, León, Bilbao, Zamora, Puertollano, Granada...), a peña burelá premia cada tempada o mellor xogador e o máximo goleador do Burela FS co “Trofeo Pataca Naranxa”; organiza maratóns e colabora en diferentes actividades de fondo calado social, como a campaña de recollida de xoguetes da Cruz Vermella, “Un xoguete, unha ilusión”.


Próxima cita. Para despedir a competición ata 2012 e festexar a chegada do Nadal, a peña volverá reunir os seus socios/as este sábado, coincidindo co Burela FS-UPV Maristas Valencia, nun xantar (reservas 607748786); será ás 15.00 horas, na Parrillada de Jandro (15 € adulto//gratuíto xuvenil). Antes da xuntanza gastronómica, os membros da Pataca Naranxa disputarán un amigable futbolístico (12.00 horas, Vista Alegre).

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.