03/12/2011

Un Burela FS con dous períodos diferentes cae en Martorell (4-1)

Un Burela FS con dous períodos diferentes cae en Martorell (4-1)

O Burela FS Pescados Rubén non puido continuar coa senda triunfal esta tarde en terras catalás nunha cita con dous períodos moi diferentes. O cadro mariñán, con moitas opcións de sentenciar xa na primeira parte ante o Sala 5 Martorell, cedeu en exceso as rendas do encontro tras o descanso e viuse obrigado a ir contra corrente do luminoso (4-1).


Os laranxas saíron mentalizados de realizar a viaxe de volta co botín dos tres puntos e aínda que a portería de Garrido se resistiu, o pichichi burelao e da Segunda División marcou a distancia tan buscada e desexada polos galegos, a pase de Clebinho, no  minuto 16.


O que puido ser e non foi no primeiro período botouse de menos no banco burelista tras o reinicio. A igualada martorellense chegou no minuto 22, de Álex, tras a sinalización dunha cesión do lado mariñán. Nun momento de certa incomodidade na pista por parte do Burela FS, no 23, o conxunto local puido poñerse por diante e incluso ampliar a vantaxe, con tantos de Marc e Cintu. Intentárono os laranxas sen éxito. A falta de catro minutos para o final, a escuadra de Quique García tirou da artillería para inverter o marcador, alternando a André e Purao no xogo de cinco. O 4-1 definitivo chegou no 39, aproveitando Julio un roubo e finalizando a porta baleira.


Despois dos resultados da duodécima xornada, o Burela FS viaxará a vindeira semana á cancha do FC Barcelona B dende a sexta praza, con 20 puntos, a tan só 1 punto da quinta praza pero tamén da segunda, franxa pola que transitan o propio Martorell, Hotels Plaza Andorra, UA Ceutí e Fuconsa Jaén.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.