23/11/2011

A polémica arbitraxe turba o Mera FS-Burela FS (5-4) da Copa Galicia

A polémica arbitraxe turba o Mera FS-Burela FS (5-4) da Copa Galicia

O CD Burela FS-Pescados Rubén quedou eliminado onte dos cuartos da XXI Copa Galicia da Federación Galega de Fútbol Sala ante o Mera FS (5-4) nun espectáculo con moitas posibilidades que quedou turbado polo protagonismo da polémica arbitraxe. O equipo laranxa sufriu o acoso dun incesante goteo de tarxetas e expulsións.


A escuadra do CD Burela FS tivo que deixar a un lado o que mellor sabe facer, xogar ao fútbol sala, para limitarse a salvagardar a súa integridade física nunha cita que por momentos se semellaba máis a unha batalla campal e buscar ao mesmo tempo que a parella arbitral impartise xustiza na pista. Unha das situacións máis graves experimentouna Dani Martín, que sufriu unha entrada brutal por detrás que pon en seria dúbida a súa participación ante o Eivissa e, por se iso non fora suficiente, foi expulsado por pedirlle explicacións ao contrario.


O que onte se viviu no pavillón da Rabadeira de Oleiros evidencia claramente o camiño equivocado que está adquirindo unha competición organizada pola Federación Galega de Fútbol Sala que debería ser a referencia, e non é, do excelente momento que vive o fútbol sala en Galicia.


 


Ficha técnica


Mera FS: Jacobo Torres, Maikel, Álex, Alberto e Marcos, no cinco inicial; tamén xogaron Buján, Perce, Martín, Oscarín, Fon e Isma.


CD Burela FS-Pescados Rubén: Iago Barro, André, Purao, Dani Martín e Manuel, no cinco inicial; tamén xogaron Víctor Cachón, Ique, Turero, Clebinho, Iago Míguez e Brais.


Goles: 1-0, minuto 3, Marcos; 1-1, minuto 6, Víctor Cachón; 2-1, minuto 7, Martín; 3-1, minuto 11, Marcos; 3-2, minuto 11,Turero; 3-3, minuto 16, André; 4-3, minuto 17, Álex (d.p.); 5-3, minuto 17, Martín; 5-4, minuto 22, Purao


Árbitros: José Manuel Gómez Arias e Efrén Álvarez López, delegación de Lugo.


Tarxetas: Polo Mera, Fon tivo tarxeta amarela (minuto 27) e Perce foi expulsado con vermella directa (27). André (minutos 9 e 23) e Manu (9 e 14) foron expulsados por dobre amarela; Dani Martín tivo que retirarse con vermella directa no minuto 27; tamén foron amoestados con amarela Purao (16), Ique (16), Iago Míguez (27) e Clebinho (39).

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.