16/11/2011

O Burela FS desafía o templo do Melilla FS

O Burela FS desafía o templo do Melilla FS

Rozando case un día de viaxe, coas súas vinte e catro horas, entre autobús e transbordador, o Burela FS Pescados Rubén afrontará mañá, xoves, a décima xornada da Segunda División ante o Melilla FS (20.00 horas), un rival cuxa fortaleza se concentra no pavillón Javier Imbroda Ortiz. 


Dende a quinta posición (14 puntos), os pupilos de Quique García chegan moi motivados tras a contundente vitoria fronte ao Manzanares (10-3) co firme propósito de desafiar os melillenses, que a pesar de navegar pola zona baixa da táboa (14ª praza, 9 puntos) poden resultar practicamente invencibles na súa casa; de catro encontros como locais foron capaces de gañar tres: Hospitalet (6-3) e Eivissa (6-5), ademais de ostentar o título de único verdugo do líder granadino (3-1) ata o momento. O espectáculo futbolístico entre ambas as escuadras estará aderezado tamén co enfrontamento de dous dos máximos goleadores da categoría, Dani Martín (14) e Juanillo (13).


No asedio da zona alta, os tres puntos poden catapultar as intencións do Pescados Rubén incluso ata o podio; entre os rivais directos, o sexto, UMA Antequera, empatado cos burelistas, visitará a pista do cuarto, UA Ceutí, a tan só 1 punto; o terceiro, Hotels Plaza Andorra, tamén con 15 puntos, recibirá o Hospitalet Bellsport, con 10.


Vestiarios. O Melilla contará coa ausencia de Rafita, cun partido de sanción tras a cita co Martorell. Nas filas laranxas, Purao volve tra o econtro de suspensió. O regreso de Christian, intervido de menisco no mes de setembro, está cada vez máis preto; o ala-peche viveirense xa comezou coa reincorporación paulatina aos adestramentos de grupo.


XXI Copa Galicia. O Mera FS, da Segunda División B, recibirá o CD Burela FS-Pescados Rubén o vindeiro martes, 22 de novembro, nos cuartos de final da Copa. O pavillón da Rabadeira, de Oleiros, acollerá a cita a partir das 21.00 horas.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.