08/11/2011

Dobre derrota do Burela ante o Colexio Liceo

Dobre derrota do Burela ante o Colexio Liceo

Os infantís do ED Eon Burela FS iniciaron a Liga Autonómica cunha derrota ante o Colexio Liceo A Paz, que venceu en Vista Alegre por 3-4. O choque resultou igualado en todo momento pero os coruñeses mostráronse máis efectivos. Durante o primeiro período o conxunto visitante logrou unha renda de 1-3; o tanto burelense foi obra de Mamadou.


A pesar da superioridade laranxa na continuación, o conxunto dirixido por Carlos Méndez non foi capaz de remontar o encontro. Álex García “Mini” deleitou os afeccionados cun gol dende media pista que supuxo o 2-3 achegando o seu equipo ao empate. A resposta visitante non tardou en chegar e o Liceo recuperou a súa vantaxe marcando o 2-4. Non se rendeu o Burela, que por mediación de Pablo situou o 3-4 e buscou con afán a igualada pero finalmente non chegou.


 


Liga Cadete Autonómica


O Colexio Liceo A Paz impediu a terceira vitoria consecutiva dos cadetes do Burela FS ao vencer en Vista Alegre por 4-6. O equipo dirixido polo tándem Madar-Neco non estivo tan fino como en xornadas anteriores. Nun choque de ida e volta no primeiro período os coruñeses foron máis efectivos e chegaron ao descanso cun favorable 2-4.


Na segunda parte, o control do xogo foi do Burela ante un Liceo refuxiado en nove metros que aproveitou o contragolpe para manter a súa vantaxe. Cada achegamento laranxa tivo a resposta do Liceo que conquistou os tres puntos cun 4-6 no marcador. Os goles burelenses foron obra de Jardel, en dúas ocasións, Isaac e Borja.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.