11/10/2011

Os hoteis Palacio de Cristal, Nordés, Sargo e Rincón de Anita regalan espectáculo laranxa

Os hoteis Palacio de Cristal, Nordés, Sargo e Rincón de Anita regalan espectáculo laranxa

Durante o mes de outubro os hoteis Palacio de Cristal, Nordés, Sargo e Rincón de Anita regalarán espectáculo futbolístico de elite, espectáculo laranxa. A partir desta semana, os establecementos burelaos agasallarán a súa clientela nas ceas dos venres ata finais de mes con invitacións para gozar co xogo do CD Burela FS Pescados de cada xornada: Burela FS-UA Ceutí, día 15, Segunda División Masculina; Burela FS-Natudelia.com Zaragoza, día 22, Primeira División Feminina; e Burela FS-Playas de Castellón, día 29, Segunda División Masculina.


 


Radio Burela. Os oíntes da emisora municipal burelense (107.7 FM) tamén poden conseguir a súa entrada laranxa os luns, na ‘Tertulia de Fútbol’ (20.30 horas), e os mércores, no Taboleiro de Premios da ‘Mañá da Mariña’ (12.00 horas).

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.