06/10/2011

Ponte Ourense, obxectivo burelista nas semifinais da Copa Galicia (Lalín, 11-12 outubro)

Ponte Ourense, obxectivo burelista nas semifinais da Copa Galicia (Lalín, 11-12 outubro)

Tan só poderá quedar un. Defendendo o título de bicampión autonómico, o Burela FS-Pescados Rubén terá como obxectivo a nada máis e nada menos ca o campión da liga 2010-11 e supercopa, o flamante Ponte Ourense, nas semifinais da XXI Copa Galicia. As instalacións do Lalín Arena, en Pontevedra, acollerán a cita a vindeira semana, entre o 11 e o 12 de outubro.


Así o deixou definido o sorteo realizado onte na sede da Federación Galega de Fútbol Sala, no complexo coruñés de Elviña. Ourensás e burelás abrirán a recta final da Copa o martes 11, ás 19.30. Dúas horas máis tarde, na segunda semifinal o terceiro representante de Primeira, Cidade das Burgas, verase as caras co Leis Pontevedra, de Segunda División. O mércores o título resolverase a partir das 12.00 horas.


O último duelo entre Ponte e Pescados Rubén, hai tan só un par de semanas na terceira xornada da liga, caeu na vertente ourensá, cun axustadísimo 0-1. No entanto, as últimas edicións da Copa evidencian as posibilidades do cadro de Javier Pardeiro ante este poderoso rival, aínda que nesta ocasión contará co hándicap da lesión de Peque, pendente de diagnóstico definitivo, e a ausencia de Jozi, concentrada coa selección brasileira. En 2009, as mariñás venceron as ourensás en semifinais por un contundente 0-6; en 2010, ambos os conxuntos loitaron polo título na final, que regresou a Burela (0-2).



Martes 11 de outubro


19.30 horas: Burela FS Pescados Rubén-Ponte Ourense
21.30 horas: Leis Pontevedra-Cidade das Burgas


Mércores 12 de outubro


12.00 horas: FINAL

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.