21/09/2011

Visita de Quique García e Alfonso Mera ao IES Monte Castelo

Visita de Quique García e Alfonso Mera ao IES Monte Castelo

O alumnado do IES Monte Castelo compartiu o inicio escolar onte pola mañá co adestrador do Burela FS Pescados Rubén masculino, Quique García, e o director da ED EON Burela FS e preparador físico da entidade, Alfonso Mera, nunha xornada dedicada á actividade física e a saúde.


Un total de 85 estudantes de 3º e 4º da ESO achegáronse aos beneficios fisiolóxicos, psicolóxicos e sociais da práctica deportiva da man de Alfonso Mera. O técnico Quique García tamén fixo referencia ao deporte como motor da integración, convivencia e tolerancia e ao percorrido que existe entre o deporte recreativo e o deporte competitivo, así como á imaxe de diferentes clubs e de deportistas profesionais.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.