11/09/2011

Derrota inxusta (0-3) do Burela FSF Pescados Rubén malia ter o dominio no partido ante Móstoles

Derrota inxusta (0-3) do Burela FSF Pescados Rubén malia ter o dominio no partido ante Móstoles

Comezou mal e de forma inxusta a Liga para o equipo laranxa, cunha derrota inmerecida (0-3) ante un rival incómodo e experimentado que fixo boas as ocasións contadas que tivo diante da meta de Jozi. Logo dunha primeira parte esgotadora, con dominio repartido aínda que moito máis intenso por parte do Burela Pescados Rubén, o segundo tempo deu paso a un monólogo local, con dominio de pelota e iniciativa no xogo. O Móstoles limitábase xa daquela a esperar as contras coma auga de maio, e conseguiuno.


O primeiro tanto (0-1. Minuto 37) chegou logo dun balón longo no que Jozi mediu mal a súa saída e a brasileira Ju aproveitou para colar de cabeza unha parábola certeira. Patri volveu a marcar para o cadro visitante no 38, cando xa as xogadoras de Pardeiro encaraban ás do Móstoles con  Haydée exercendo de porteira-xogadora. As locais intentárono todo, e estiveron a piques de conseguir o gol en varias ocasións, pero o que chegou foi o definitivo de Bea no minuto 39 (0-3) que deixaba ao conxunto feminino en branco na volta da elite a Vista Alegre.


Ficha do partido:


Burela Pescados Rubén: Jozi; Peque, Dolo, Lucía e Haydée (quinteto inicial). Tamén xogaron, Maite, Claudia e Ro.


Móstoles: Belén; Patri Chamorro, Bea Martín, Eva Manguán e Ju Delgado (quinteto inicial). Tamén xogaron, Alonso, Inma e Rocío Sevilla.


Goles: 0-1, min. 37 Ju Delgado; 0-2, min. 38 Patri Chamorro; 0-3, min. 39 Bea Martín.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.