02/09/2011

Burela FS Feminino Pescados Rubén viaxa a Portugal para disputar o III torneo internacional Terras de Vermoim

Burela FS Feminino Pescados Rubén viaxa a Portugal para disputar o III torneo internacional Terras de Vermoim

O cadro laranxa enfrontarase a partir das 15:00 horas de mañá sábado a Restauradores Avintenses na eliminatoria previa dun torneo no que tamén participan FC Vermoim e Viaxes Amarelle FSF. Os partidos xogaranse no pavillón municipal Terras do Vermoim, na localidade portuguesa do mesmo nome.


A xornada comezará ás 11.45 cun almorzo na sede do club anfitrión. Con posterioridade celebrarase a recepción dos equipos participantes e a entrega de documentación (14:00 horas). A primeira semifinal dará comezo ás 15:00 horas, co partido que medirá ás laranxas con Restauradores e seguinte será inmediatamente despois (16:00 horas) e enfrontará a FC Vermoim e Viaxes Amarelle FSF.


O partido pola final xogarase ás 19 horas de mañá, e tamén está prevista a disputa do encontro polo terceiro e cuarto posto ás 17:45 horas.


 

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.