05/08/2011

Leis e A Fervenza, primeiro obstáculo das laranxas na Copa Galicia

Leis e A Fervenza, primeiro obstáculo das laranxas na Copa Galicia

As laranxas xa coñecen o primeiro obstáculo no seu camiño cara á Copa Galicia 2011. As pupilas de Javier Pardeiro defenderán o título galego ante o Leis Pontevedra e A Fervenza FSF, da Segunda División, na fase previa, que se disputará entre o 15 de agosto e o 30 de setembro.


A vixésimo primeira edición da cita autonómica volverá reunir nove equipos. Como vixente campión, o Burela FS Pescados Rubén encabeza o Grupo A; Ponte Ourense, campión da División de Honra 2010-11, Viaxes Amarelle e Mosteiro Bembrive, da Segunda División, compoñen o B e o C está formado polo Cidade das Burgas FS, da Primeira División, xunto ao Poio FS e Valdetires Ferrol, da Segunda.


O sistema de liga será a volta única e clasificaranse para a fase final, con data e sede aínda por determinar, os campións de cada grupo e o mellor segundo. A escuadra laranxa iniciará a competición como visitante ante o Leis Pontevedra, na primeira xornada, e recibirá ao A Fervenza en Vista Alegre, na segunda.


Na súa curta historia, de tres anos, o Burela FS Pescados Rubén xa loce na súa vitrina dúas Copa Galicia. En setembro de 2009, como prefacio do seu debut en Honra, alzouse co título en Ourense ante o Cidade das Burgas. Un ano despois, o cadro mariñán validou o galardón autonómico en Celanova fronte ao fortísimo Ponte Ourense.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.