01/08/2011

Clebinho e Ique, no proxecto burelista 2011-12

Clebinho e Ique, no proxecto burelista 2011-12

Os brasileiros Cleber Rafael Barbosa, Clebinho, e Henrique Ribeiro, Ique, volverán a formar parte do proxecto burelista, en 2011-12, tras a formalización da súa renovación. Os canarinhos chegarán á comarca nos próximos días tras as vacacións para incorporarse á pretempada do conxunto laranxa, baixo as ordes de Quique García.


O peche Clebinho (São Paulo, 1983) e o pivote Ique (São Paulo, 1985), que cumprirán así o segundo ano no equipo laranxa, chegaron á Mariña no mercado de inverno procedentes do Concordia Chiajna Bucarest (2009-10). Barbosa xogou no Corinthians, São Jose, Aracariguama, Pirapora e Palmeiras, ademais de destacar no combinado internacional en categorías de base. No palmarés de Ribeiro salientan as vitorias no TV Alterosa e a Copa EPTV co Caldense (2004); tamén se alzou coa Copa e a Supercopa de Romanía co MGA-Bucarest (2005). En 2010-11, disputaron 15 partidos coa camiseta laranxa, asinando a autoría de 5 tantos cada un na liga.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.