27/06/2011

Cea fin de tempada

Cea fin de tempada

A Pataca Naranxa celebra o vindeiro sábado, 2 de xullo, unha cea de fin de tempada, na Parrillada de Jandro. Os representantes da peña burelista animan a todos/as os seareiros/as, socios/as e non socios/as, a reunirse nesta xuntanza como despedida dun excelente ano para o fútbol sala laranxa.


A cita gastronómica está prevista para as 22.00 horas. Todos os interesados/as poden retirar o seu ticket  ata o venres 1 de xullo na propia parrillada, na cafetería Vista Alegre ou na cervexería O Trisquel; tamén poden facer a súa reserva nos teléfonos 607 748786 (A Pataca Naranxa) ou 616 757 980 (A Parrillada de Jandro). O prezo é de 15 € para socios/as e 25 € para non socios/as.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.