21/06/2011

Living Sport reafirma o seu apoio á entidade laranxa

Living Sport reafirma o seu apoio á entidade laranxa

A tenda deportiva de Foz Living Sport reafirma o seu apoio á entidade laranxa prolongando a súa colaboración co CD Burela FS nun compromiso fiel que o seu director, Antonio Couto, adquiriu aló por 2001, nos propios xermolos do proxecto, non só como empresario senón tamén como socio fundador da entidade.


Do mesmo xeito que noutras ocasións xa xestionou a incorporación de sponsorización para o club laranxa, de cara á nova tempada Antonio Couto e Living Sport tamén colaborarán coa firma Joma na subministración da roupa oficial burelista 2011-12.


Como tenda oficial do CD Burela FS, en Living Sport (rúa Trapero Pardo, número 14, Foz) os afeccionados e afeccionadas laranxas poden atopar unha ampla variedade dos produtos da entidade.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.