17/06/2011

Betanzos e A Coruña, citas da ED EON Burela FS para pechar o curso

Betanzos e A Coruña, citas da ED EON Burela FS para pechar o curso

A ED EON Burela FS pechará o curso 2010-11 esta fin de semana co desprazamento aos torneos Cidade de Betanzos e Cidade da Coruña.


Un total de 16 equipos benxamíns e alevíns reuniranse mañá na sexta edición da cita betanceira, distribuídos en dous grupos por categoría. O conxunto benxamín laranxa compartirá grupo con Troula FS B, O Parrulo Ferrol FS e Concello de Curtis e o Alevín B medirase a Azkar Lugo FS, Troula FS B e Bueu FS. As semifinais decidiranse o domingo pola mañá entre os dous primeiros de cada grupo, que darán paso á loita polo trofeo pola tarde.


A entidade burelista contará con representantes benxamín, alevín, infantil e cadete no que tamén será o sexto ano para o Cidade da Coruña ao longo da xornada de mañá, cun total de 46 conxuntos. Coas categorías distribuídas en tres grupos, o Benxamín A laranxa xogará co AD Barval FS, Hércules FS e Atalantes e o Alevín A enfrontarase a ADFS Bueu, Colegio Liceo e CCD Curtis; clasificaranse para a fase final, do domingo (semifinais en San Franciso Javier e final no Barrio das Flores), os primeiros de cada grupo e o mellor segundo. O Infantil mariñán pelexará pola primeira praza de grupo ante o Azkar Lugo FS e Concello de Guitiriz e o Cadete fará o propio fronte ao AD Barval FS e La Hacienda; o pavillón Barrio das Flores acollerá a fase final ao día seguinte.


 


VI TORNEO CIDADE DE BETANZOS- Sábado 18 de xuño


Pavillón Municipal de Betanzos


10.40 horas: Troula FS Alevín B-ED EON Burela FS Alevín B
11.30 horas: Troula FS Benxamín B- ED EON Burela FS Benxamín


14.00 horas: ED EON Burela FS Benxamín-Concello de Curtis Benxamín
15.40 horas: ED EON Burela FS Alevín B-Bueu FS Alevín


20.40 horas: Azkar Lugo FS Alevín-ED EON Burela FS Alevín B
22.20 horas: O Parrulo Ferrol FS Benxamín-ED EON Burela FS Benxamín



VI TORNEO CIDADE DA CORUÑA-Sábado 18 de xuño


Categoría Benxamín-Pavillón Cocheras


9.50 horas: ED EON Burela FS-Atalantes
14.25 horas: AD Barval FS-ED EON Burela FS
15.55 horas: Hércules FS-ED EON Burela FS


Categorías Alevín-Pavillón San Francisco Xavier


10.35 horas: ADFS Bueu-ED EON Burela FS
14.25 horas: CCD Curtis-ED EON Burela FS
17.25 horas: Colegio Liceo-CD Burela FS


Categoría Infantil-Pavillón Barrio das Flores


15.00 horas: Azkar Lugo FS-ED EON Burela FS
20.00 horas: Concello de Curtis-ED EON Burela FS


Categoría Cadete-Pavillón dos Rosales


14.00 horas: AD Barval FS-Burela FS Espina y Delfín
18.00 horas: La Hacienda- Burela FS Espina y Delfín

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.