07/06/2011

O Burela FS pecha o regreso de Vanessa ao Chapecó

O Burela FS pecha o regreso de Vanessa ao Chapecó

O CD Burela FS pechou negociacións para o regreso de Vanessa Pereira ao seu club de procedencia, o UnoChapecó brasileiro, cumprindo unha cláusula contractual. A ala zurda, de 23 anos, puxo rumbo onte ao seu país para incorporarse á liga canarinha.


A xogadora chegou ás filas laranxas en decembro de 2010, tras proclamarse campioa coa selección canarinha no I Torneo Mundial de Fútbol Sala Feminino (Madrid, 6-11 decembro), xunto á gardameta burelista Jozi. Finalizou a tempada 2010-11 coa camiseta laranxa sendo a terceira máxima goleadora, con 18 goles, por detrás de Lucía e Ro, con 25. Na Copa de España Burela 2011, a brasileira foi a máxima anotadora laranxa, con dous tantos.


Dende as filas burelistas, deséxaselle todo o mellor a unha xogadora prodixiosa que desprende calidade para que continúe recollendo éxitos na súa nova andaina.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.