04/06/2011

As laranxas deixan a Copa ante o Móstoles (2-1) pelexando ata o último suspiro

As laranxas deixan a Copa ante o Móstoles (2-1) pelexando ata o último suspiro


A festa laranxa non puido rematar con final galego. O Burela FS deixa a Copa de España cunha meritoria imaxe dentro e fóra da pista, como un loitador incansable, pelexando ata o último suspiro ante o Móstoles (2-1), que loitará por validar o título.


Definitivamente esta non era unha final predestinada para os equipos irmandiños. Xa o presaxiou pola mañá a eliminación do favoritísimo Ponte Ourense, contra todo prognóstico, e pola tarde as mariñás tiveron en vilo o billete para a final ata o último segundo.


Aínda non se acomodora o numerosísimo público na bancada, coa presenza do presidente del Comité Nacional de Fútbol Sala, Antonio Escribano, o vicepresidente da Federación Galega de Fútbol, Plácido Díaz, e o secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete, cando chegou a primeira alegría para as laranxas, dun espectacular control e remate de Vanessa (minuto 2), de pase longo de Claudia. Cunha presión moi adiantada das mostoleñas, as burelás tiveron que repregar filas para salvagardar o electrónico ao seu favor. Aínda tivo outra boa oportunidade a brasileira a catro minutos para o asubío do descanso, nunha espléndida galopada, que desbaratou Sonia. Pouco despois, Milena puido ampliar as distancias, nun roubo en media pista, que saíu moi desviado. A 2 segundos do remate do primeiro período, a acertada actuación de Jozi impediu a igualada.


Á volta dos vestiarios, as liñas niveláronse cun leve avance das mariñás. O empate chegou no minuto 24 nun lanzamento cruzado en carreira de Patri Jornet, perseguida por Lucía. Segundos máis tarde, Bea, soa ante Jozi, subiu o 2-1. A mellor ocasión tívoa o Burela FS Pescados Rubén no 31, nun rexeitamento da meta madrileña; despois, no 32, Lucía quedou soa ante Sonia.


A cinco minutos para rematar o tempo regulamentario, Dolo vestiu a camiseta de porteira xogadora. No 37, a bancada laranxa saltou nun balón que a piques estivo de ser a igualada entre Lucía e Ro. E a partir de aí avalancha laranxa; a 32 segundos Ro rozou un pase de Vanessa ao lado da portería. Aínda tivo o empate nos seus pés Lucía, pero non puido ser.


 


FINAL. Rioja Diamante e Móstoles FSF pelexarán polo título mañá en Vista Alegre, a partir das 18.30, nun encontro que será retransmitido pola TVG2.



Ficha técnica


Móstoles FSF: Sonia, Sonso, Beíta, Bea e Patri Jornet, no cinco inicial; tamén xogaron Inma, Ju Delgado, Patri, Eva Manguán,


Burela FS Pescados Rubén: Jozi, Vanessa, Claudia, Ro e Lucía, no cinco inicial; tamén xogaron Milena, Dolo, Lidia


Goles: 0-1, minuto 2, Vanessa; 1-1, minuto 24, Patri Jornet; 2-1, minuto 25, Bea


Tarxetas amarelas: Milena, minuto 14; Claudia, minuto 28

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.