22/05/2011

O Burela despídese do ascenso a Honra

O Burela despídese do ascenso a Honra

O Burela FS despídese do soño do ascenso á División de Honra. O Colegio Arenas Gáldar remonta a eliminatoria. No terceiro e definitivo encontro venceu os burelenses por un claro 5-1. O conxunto canario impúxose na serie por 2-1 e agora enfrontarase ao Marfil Santa Coloma por un posto na máxima categoría.


Do mesmo xeito que no choque de onte, o Burela tivo unha boa saída que certificou Esteller no primeiro minuto para adiantar o cadro dirixido por Suso Rey. O tanto visitante esporeou o cadro local, que aumentou a súa intensidade, pero o Burela sorprendeu co xogo de cinco para acougar as súas acometidas. O resultado foi o empate galdense por mediación de Augusto, minuto 6, traspasando o nerviosismo ás filas laranxas. Ique puido desequilibrar o choque nun man a man con Óscar que tivo como vencedor o meta canario. A intensidade e imprecisións, por ambas as partes, aumentaron co paso dos minutos. E desta combinación o Gáldar saíu beneficiado co tanto de Néstor, minuto 15, e a expulsión de Ique, por dobre amarela, minuto 16. O Burela logrou solventar a superioridade númerica dos canarios e ao descanso chegouse con 2-1.


O inicio do segundo período resultou frenético cos dous equipos buscando a meta rival; Néstor e Purao erraron senllas ocasións claras. Nesta fase do encontro, o protagonismo foi para os porteiros, Brais e Óscar. Augusto topouse coa firmeza do novo meta burelense e a fortuna aliouse cos locais cando un taconazo de Clebinho foi repelido por Óscar e despois estrelouse no traveseiro. Acto seguido, chegou o 3-1 por mediación de Julio, minuto 32. Do posible empate pasouse á vantaxe de dous tantos do Gáldar. O Burela, tras un tempo morto, decantouse polo falso porteiro pero foi o Gáldar quen aumentou a súa renda ata o 5-1 final que os clasifica para a seguinte eliminatoria.


 


Ficha técnica


Colegio Arenas Gáldar: Óscar, Julio, Glauber, Néstor, Augusto –cinco inicial- Minhoca, Flavio, Aitor, Lonchu, Adrián e Jerry.


Burela FS: Brais, André, Purao, Juanma, Esteller –cinco inicial- Clebinho, Ique e Manu. Goles: 0-1, m.1, Esteller; 1-1, m.7, Augusto; 2-1, m.15, Néstor; 3-1, m.32, Julio; 4-1, m.34, Néstor; 5-1, m.39, Glaúber.


Árbitros: Moreno Durán e Pérez Pérez, colexio madrileño. Expulsaron ao burelés Ique, por doble cartón amarelo. Tamén amonestaron a Edu, Víctor Cachón, Clebinho, André e Purao. Polo Gáldar recibiron cartón amarelo Adrián, Augusto, Néstor, Aitor e Lonchu.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.