22/05/2011

Duelo de titáns

Duelo de titáns
Reparto de puntos en Vista Alegre entre Burela FS Pescados Rubén e Cajasur Córdoba (2-2) nun duelo moi igualado. Ningún dos dous equipos mereceu perder, polo que o resultado foi xusto.
A primeira parte comezou con dominio do Burela FS nos primeiros minutos. De feito, a primeira acción de perigo en favor das mariñás produciuse aos 10 segundos de partido tras un roubo de balón e un posterior disparo de Lidia que detivo a gardameta visitante Patricia.

O Córdoba non atopaba o seu sitio e as locais querían aproveitar a situación para abrir a lata. A primeira acción de perigo do Córdoba non se produciu ata o minuto 5.
O choque entrou nun período relaxado de xogo, ata que no 16 Noe volve pór en aprietos a Jozi. Na réplica o Burela anotou o primeiro grazas a un disparo de Vanessa desde 12 metros que pega nunha xogadora do Córdoba despistando á gardameta Alicia. Pouco durou a alegría local, xa que Dany, en acción individual igualaba a contenda.

Na continuación o guión mantívose, só que as primeiras en intentar porse por diante no marcador foron as futbolistas andaluzas. No minuto 26 Milena tivo unha oportunidade clarísima de situar o 2-1, pero incomprensiblemente fallou un remate a porta baleira tras unha asistencia de Dolo. O gol laranxa chegou a continuación, ao aproveitar Ro un balón morto e unha mala saída da gardameta visitante. Con todo, o Córdoba empatou de inmediato cun gol calcado ao primeiro do Burela, disparo de Isa que pega en Milena e despista a Jozi, que non pode facer nada.
Na última xogada do partido Vanessa rouba un balón e plántase ante Kati, que entrou substituíndo a Alicia. A brasileira, con todo, errou no disparou. O resultado asegura ao Burela FS a cuarta praza en División de Honra.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.