20/05/2011

Os laranxas buscarán unha sentenza exprés ante os canarios

Os laranxas buscarán unha sentenza exprés ante os canarios

Os laranxas buscarán mañá unha sentenza exprés nas illas Canarias ante o Colegios Arenas Gáldar. Partindo coa vantaxe do 4-0 en Vista Alegre, o Burela FS loitará por resolver a primeira eliminatoria do play off a Honra, a partir das 18.30 horas (horario insular), no pavillón Juan Beltrán Sierra.   


O cadro burelao esgotará ata a máis mínima opción para aproveitar o resultado a favor da bomboneira e acceder á seguinte fase sen recorrer ao terceiro partido. Para iso, o cadro laranxa será fiel ao seu xogo; apostará polo xogo despregado na casa, evitando a comodidade do rival e a especulación.


A expedición mariñá, que partiu esta madrugada cara ás Canarias coa presenza do presidente do club, José Ramón González Casas, concluirá os adestramentos da semana esta tarde, cunha sesión rexenerativa. Para este partido, volverá ser baixa Edu, que evoluciona segundo o previsto da súa lesión muscular con desinserción da zona isquiotibial; Christian tampouco poderá participar, por unha inflamación de xeonllo que precisa repouso; e Clebinho arrastra molestias nun xeonllo por unha forte entrada o sábado en Vista Alegre. Estará na convocatoria de novo o meta xuvenil Juan.


No caso de que a fase non se decida coa segunda cita, o Juan Beltrán acollerá o terceiro e último encontro o domingo, á mesma hora.


 


Marfil-Lanzarote. A segunda cita entre o Marfil Santa Coloma e Lanzarote Arrecife Tías Yaiza arrincará hoxe, ás 20.00 horas, no pavillón barcelonés Jacint Verdaguer. No caso de que os cataláns, con vantaxe polo 1-4 a domicilio, non sentencien a eliminatoria, volverán xogar o domingo, ás 12.00 horas.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.